Ponentes principais

Mette Hjort

Mette Hjort é catedrática de Humanidades e decana de Artes na Hong Kong Baptist University, profesora afiliada de Estudos Escandinavos na University of Washington, e profesora visitante de Industrias Culturais na University of South Wales. A súa investigación actual céntrase na relación das imaxes en movement co valor público e no cinema no contexto da saúde e do benestar.

Elena Neira

Elena Neira é licenciada en Dereito e Comunicación Audiovisual. Especializada en novos modelos de distribución audiovisual. Profesora nos Estudos de Comunicación na Universitat Oberta de Catalunya e membro do grupo de investigación GAME. Tamén é profesora de Distribución Audiovisual na Universitat Internacional de Catalunya. Neira é autora de varios libros sobre distribución e audiencias. A súa publicación máis recente é Streaming Wars: la nueva televisión (Libros Cúpula).