MEDIDAS COVID-19 PARA VIAXAR

A 12ª edición do Congreso Small Cinemas desenvolverase de acordo as recomendacións das autoridades sanitarias.

  • Para viaxes dentro do Estado español debes consultar as actualizacións do protocolo da Xunta de Galicia, ás que podes acceder premendo AQUÍ.
  • Para viaxes internacionais, o Ministerio de Sanidade ofrece información detallada na súa páxina web.
  • Para obter información detallada sobre viaxes en avión podes consultar a seguinte ligazón: https://www.traveldoc.aero/

Lembra que debes planificar unha proba PCR coa suficiente antelación para a viaxe de volta. Podes facelo no laboratorio do Hospital HM Rosaleda SEN CITA PREVIA de 8 da mañá a 8 da tarde.